teMos dÚAs vidas E a segunda comenza cando TES consciencia de que sÓ existe unHa
Nacín en Santiago de Compostela no ano 1973 e comecei na fotografía ca emulsión nun mundo analóxico onde os flashes estoupaban con fogonazos de magnesio.
Gústame practicar unha fotografía directa e trato de ollar ca curiosidade dun neno tratando de desfacerme de calquera experiencia boa ou mala que puidera influír no resultado final a pesar de que a fotografía é moi subxectiva e autobiográfica aínda que un así non o queira.

FOTOGRAFÍA: PATTY INOSTROZA, 2023

sen as técnicas aprendidas non tivese chegado ós resultados que busco... pero unicamente coa técnica, tampouco!
Fotografío na rúa todo aquelo que me chama a atención, polo xeral preto da miña casa. As imperfeccións das contornas urbanas fánseme fermosas e MEMORIAM URBIS non é outra cousa cun compendio deses meus desvaríos.

FOTOGRAFÍA: PATTY INOSTROZA, 2023

Pódesme contactar enviándome un correo electrónico a info@memoriamurbis.com ou se o prefires, podes usa-lo o formulario de contacto que che deixo máis abaixo, pois ven sendo o mesmo pero sen a neceisdade de entrar no teu xestor de correo electrónico.
Enviar
Graciñas! A túa mensaxe foi enviada con éxito. Tratarei de respostarche o antes posíbel. Apertas!
Subir