Prégoche que antes de dárlle ao "plei" leas o que che teño que dicir e que priorices ver o Podcast na web do entrevistador antes que aquí. Ven sendo un xeito de amosarlle o teu apoio e respecto a un creador de contido. Grazas.
Ese día mantiven unha parolada con Gonzalo Lozano, un fotógrafo afeccionado (porque non vive delo) de León que ten un podcast chamado Fotógrafo Aprendiz (aínda que o de aprendiz penso que xa quedou moi atrás) no que ademais de falar sobre a súa propia experiencia e amosarnos coma é que vai investigando e evolucionando no mundo da fotografía, tamén fai magníficas entrevistas a fotógrafas e fotógrafos non menos marabillosos.

Por iso, para min non foi só un pracer, senón tamén todo un honor que quisexe contar comigo para falar de calquera tema que el considerase.
Así que non podemos facer máis ca recomendar o seu Podcast e que entredes a través da súa páxina e, se podedes, o convidedes a un café a través do botón de apoio que figura na mesma.
Back to Top