Prégoche que antes de dárlle ao "plei" leas o que che teño que dicir e que priorices ver o Podcast na web do entrevistador antes que aquí. Ven sendo un xeito de amosarlle o teu apoio e respecto a un creador de contido. Grazas.
Gonzalo Lozano, do que xa vos teño falado nunha publicación anterior, lanzou un novo Podcast co que quixo contar de novo comigo.
Eu coidaba que iamos falar dalgunha experiencia formativa, dalgún tema tipo sensores, algunha técnica fotográfica ou... a saber? calquera cousa desas das que lle gusta falar cando se engancha a paroladas sobre fotografía.
Pero desta volta Gonzalo tíñalle preparada unha sorpresiña. Quería saber algo máis de min, sobre o meu xeito de ver a Fotografía, de como era que a sentía, coñecer máis ao que está detrás do visor da súa cámara que ao que acontece diante.
Así que deixovos coa entrevista que me fixo e que vos recomendo visitar desde a súa propia Web e, por suposto, non sen antes lembrarvos un par de cousiñas:

Apoia o seu Podcast a través do botón que hai na súa Web e así estarás poñendo en valor o seu traballo. Costarache tanto coma convidalo a un café, que ben merecido o ten!

Ségueo e suscríbete ao Podcast de Gonzalo en calquera das plataformas de Podcasting e tamén na súa canle de YouTube, sen esquecer dárlle á campá para non perderte ningún episodio.
E agora, se me fixeche caso, chegou o intre de pasar pola Web de Gonzalo para escoitar ou ver esa entrevista e rirte un anaco coa miña vergoña e lapsus mentais.. onde a naturalidade e a falta de guión deixa algún que outro gazapiño... a ver se és capaz de atopalo e nolo contas a través do noso correo electrónico ou redes sociais 😉
Graciñas, Gonzalo! e graciñas a ti por estar por estos humildes lares 🤗
Back to Top