Observou as súas mans. As engurras tiñan desaparecido. Unha última ollada ao seu redor. Estaba so, sentado na súa cadeira de orellas favorita, cansado pero en paz. Pensou:
"Eu o único que lle pedía a vida era ser feliz pero non o logrei"
O silencio. Non chegaba a ter unha percepción real do tempo. Calma. Pechou os ollos. Cando volveu abrilos notouse algo desorientado. Xa non estaba na súa cadeira.
Atopábase deitado nunha branca peza en penumbra.
Volveu percibir con claridade as engurras que amosaban o paso do tempo na súa pel.
Ao ollar cara a súa dereita, os seus ollos fixáronse na vía que saía do seu brazo e que remataba nunha bolsa de soro e medicamento que penduraba ao carón da cama.
E alí o estaba...
... sentado na cadeira das visitas, un home que aparentaba ser alto e delgado, vestido de negro, cuxa faciana víase pálida de máis, observábao con expresión seria baixo un sombreiro tamén negro.
Non tiña nin idea de quen era nin que podería estar facendo alí, pero non lle importaba, atopábase tranquilo e tras varios días de insufríbeis padecementos xa non sentía dor ningunha...
... entón foi cando entendeu...
Pechou os ollos e deixouse levar.
Imaxes creadas con IA  GPT-4 integrada en BING usando tecnoloxía DALL-E 3 mediante ordes e comandos proporcionados por Anxo Dafonte.
O conto é unha historia orixinal de Anxo Dafonte.
Back to Top